SAN VALENTÍN 2018

O amor non entende de idade nin de sexos. Aquí vos deixo unhas recomendacións de libros para todos e un par de vídeos interesantes.

ESTADÍSTICAS

Estas son as estadísticas de préstamos durante o mes de Xaneiro.

RECOMENDACIÓNS

A editorial Xerais vén de publicar os contos Brancaneves e os 77 ananiños e Cincenta e as zapatillas peludas, ambos os dous da autoría de Davide Cali, con ilustracións de Raphaëlle Barbanègre e traducidos por Anaír Rodríguez. Indicados para primeros/as lectores/as, son reinterpretacións dos contos clásicos e un canto á liberdade. Desde o humor cuestiónanse os estereotipos aceptados que impiden a educación en igualdade de dereitos de oportunidades de nenos e nenas.

ESTADÍSTICAS

Estas son as estadísticas do mes de Decembro na biblioteca de Buli. 

Hoxe xornada poética na biblioteca de Buli. No recreo recital de poesía da nosa "poeta d@s nen@s" Gloria Fuertes.


GLORIA FUERTES

Queriamos facer unha merecida homenaxe a Gloria Fuertes no centenario do seu nacemento. E isto se traduciu nunha serie de actividades que pasan por unha exposición de libros, unha videomontaxe con algúns dos seus poemas e un taller de poesía na biblioteca nos ratos de recreo.